TODO É MATERIA POÉTICA

Todo é materia poética.

Recorda a amable lectora Xosé Couso? Recorda a letal percusión que lle aplicou o Capital? Reparou o lector na infamia que nos envolve coma un manto de seme a moumar na derrota? Mentres o planeta ferva a poesía non poderá existir sen a dor da linguaxe. Couso escolleu o soporte da metraxe para a creación da súa arte. Escolleu a dor dos habitantes do subsolo, a súa visibilización, a súa recreación para escarnio de quen foi, ao cabo, o seu propio verdugo.

Mais alén de criticos/as e autores/as, hai quen cuestiona que é poesía. A caudalosa contorsión da lingua, a ruptura formal da voz nun berro de fractura, mastigar ortigas coas pálpebras ata a explosión da inmundicia na feroz realidade da probocación… sonlle alleos. Escachar ósos coma nécoras coa rexouba propia de quen se sabe vencedor, rafaguear hoteis procurando acertar nas regañas da resistencia, para despois negar, solícitos, as veces que faga falta: quen paga manda.

Cámara: ollo de vaca a escornar contra a incómoda verdade.

Xuices e fiscais españois colaboraron na ocultación.

Culpables.

“A CAROLINA QUERÉMOLA EN GALEGO” VÍDEO

http://gzvideos.blip.tv/file/4309156/

NO GALICIA HOXE

http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/xose-anton-laxe-martinan-dubido-feijoo-saiba-sua-politica-linguistica-camina-cara-ao-fracaso/idEdicion-2010-11-01/idNoticia-606020/