SALVAPATRIAS DESENGANADOS TEMEN QUEDAR SEN SOLDO POR APARENTAR SALVAPATRIAS CONVENCIDOS

http://www.xornal.com/artigo/2011/08/19/politica/bng-propon-reestruturacion-da-deputacion-ourense/2011081919440900593.html

MOSTRA INTERNACIONAL DE OBRA GRÁFICA

Logo haberá un mes que se pode visitar en Allariz unha das mellores exposicións de obra gráfica que vin na miña vida. Digna de calquera museo do mundo, o título non pode ser máis simple: Mostra Internacional de Obra Gráfica: un percorrido ben pensado polas máis variadas técnicas, dende a litografía á impresión dixital. Quen comisaría a mostra, Miguel Mosquera, que demostra admiración, coñecementos, sensibilidade e capacidade excepcionais, dirixe e traballa na empresa Impresión Arte na mesma vila, negocio heterodoxo no que tanto se imprimen libros como se confeccionan láminas artísticas ou se deseñan carteis de actos. Dime Mosquera que os traballos de xestión e preparación desta exposición, incluida a consecución de permisos e obras, foron montaña ao longo de cinco anos. A feliz resolución, froito da súa iniciativa, xunta por fin na vila do Arnoia o que moitas cidades quixeran para si: é honra para os/as alaricanos/as. A vila ourensá non só é a primeira parada dun longo periplo que levará a mostra por outras cidades e vilas do noso país, senón que é o útero no que esta exposición foi pensada e xestada dende o inicio. Moitas mercedes ao mentado comisario e a quen con el boureou arreo nesta tarefa. A partir do día 15 deste mes a mostra marchará á Coruña, onde non dubidamos que encontrará a fortuna en público que a gran cidade do norte lle pode ofrecer. Para consultar calquera detalle, aquí: mostraobragrafica.blogspot.com

Non foi posible recoller a totalidade da exposición nunha sala de arte, insuficiente a única -A Fábrica- que existe na vila, senón que houbo de se dividir e repartir entre museos e tabernas dado o número de pezas que a compoñen. Así, no primeiro andar da casa museo de Vicente Risco, onde se recollen a maior parte das obras, no bar A Micalla e na devandita sala A Fábrica.

A multitude de autores internacionais que se expoñen non lle outorga a mostra, nin de lonxe, un pouso anárquico que puidese dificultar a comprensión e a apreciación das obras. Ben ao contrario, existe baixo o magma cromático un rexo fío condutor que, tensado maiormente entre o Madrid do colectivo El Paso e a Catalunya do colectivo Dau al Set -mais dando a volta, como xa dixen, en canta esquina un/unha autor/a puido apañar a tensión das cores-, une sobre un só camiño a totalidade da exposición. Esta mostra converterase, non o dubidamos, nun guieiro, nunha xuntanza antolóxica que ha perdurar na memoria de quen abra a fiestra da mente á cor e as formas. Tamén no exemplo práctico dun traballo magnífico de recompilación do que foi o sinal de identidade dunha nova visión da arte gráfica no pasado século.

O marco temporal da exposición cínguese ao século XX, xa dixemos; se atendemos á procedencia dos artistas, alén dos dous grupos artísticos xa sinalados e superando as fronteiras xeográficas máis inmediatas, sobrancean os autores europeos de dilatada formación en Berlín, París ou Londres, pero tamén autodidactas ou autores que achegan as súas obras mesmo dende o Xapón, como Kumi Sugaï e Tadashi Asoma. Estamos, en definitiva, diante dunha suculenta galería de paseos e relembranzas polo mellor da arte gráfica do século XX, na que se nos dá conta dos puntos esenciais que habian de configurar a arte actual e a formación na que beberon autores que hoxe expoñen por todo o mundo. Unha galería onde o sol entra a eito e bate nas paredes e debuxa desexos e derruba certezas e transforma evidencias nas mais tenues rugosidades que a percepción se esforza en entender. É entón, cando a viaxe destila as súas esencias, que chegan eses inexplicables atributos que medran como tumores e nos acompañan sempre. Todo isto non importa demasiado se non se planta un diante das láminas e deixa que as formas e as cores e a escuridade e o movemento se baleiren no oco que os grises tempos actuais teñen morto no fondo dos ollos. É por iso que recomendo moi vivamente a visita a esta exposición en calquera lugar no que a amable lectora a poida atopar. Todos os colexios deberían programar cadansúa e, moi especialmente, os responsables de todas e cada unha das concellarías de cultura do país, onde tanto burro pace no Marca tras a mesa que esta pírrica democracia lles concedeu (véxanse as ridículas declaracións da concelleira de cultura da Coruña respecto á galeguidade dos actos que se viñan convocando dende o bipartito municipal).

CARTA REMITIDA A TVE

O día cinco de agosto deste ano remitimos a seguinte carta aos responsables de TVE. Non obtivemos resposta:


En el capítulo de hoy del programa Las claves del románico, que emite la segunda cadena de la televisión pública española, se ocuparon de Galicia. Recorrieron diferentes localidades de mi país mostrando los diversos ejemplos de arquitectura (religiosa, sobre todo) románica que tenemos. El error –y el motivo de esta carta- está en que, mientras la ley establece que la única forma oficial de los nombres de lugar en Galicia es la propia gallega (Xubia, A Coruña, Sobrado dos Monxes, Vilanova…), tal y como se puede consultar en el Nomenclátor Oficial de Galicia, en el programa de hoy se refirienron en todo momento, tanto la voz narradora como en su forma escrita, a las formas españolizadas, esto es: Jubia, La Coruña, Sobrado de los Monjes, Villanueva, entre otros. Hubo lugares a los que se refirieron correctamente (Melide, Breixo…), lo cual denota una falta de sensibilidad -por no decir de respeto- hacia la legalidad establecida y hacia nuetra singular idiosincrasia. De haberla, rogaría una explicación; en su caso, lo correcto sería que ustedes ofreciesen la preceptiva disculpa pública y una rectificación definitiva. Muchísimas gracias.

NÓS CONSTRUIREMOS O EDIFICIO QUE DERRUBARÁ O ACTUAL

Nunca é fácil saber que pasa cun xornal que desaparece. Imaxinar que pasará ao día seguinte. Só iso, que desaparece canda un xeito de tratar a realidade. Sobre a última parte da oración anterior descansa o maior peso da perda –cando o mundo é un é preciso impor unha soa multitude-, pero cando a publicación é édita nun idioma minorizado, aínda que sexa só en parte e non se recoñezan nela as clases populares, a perda sobarda a dramaturxia costumista e a correlación de pesos rota na dirección das máis desamparadas.

Difícil será mañán albiscar luz tras a brétema que se ha extender por baixo da última liña do Xornal de Galicia, ou determinar se é só papel ou todo un pobo quen cala.

Que os inimigos do país permanecen acochados tras a compracencia; que é esta a que palabra a palabra o engule todo, pero que tamén non será doado escribir a crónica da caída dunha sociedade, evidencia a incapacidade para deter a interminable cadea da indiferencia.

En todo caso, nin se precisan forzas para chorar, nin facelo resulta produtivo.