ESCAPARATE INFORMATIVO: ÚLTIMA SEMANA DE AGOSTO

Só unhas pingas nun mar de merda:

Paco Vázquez: Chama fundamentalistas aos manifestantes laicos.

Cárlos Dávila: Titula o seu último libro Diarios de un insurgente (Crónicas y sucedidos de la resisencia antisocialista) (sic, sic e resíc).

Xosé L. Baltar Pumar: Defínese coma “cacique bueno”.

Gloria Lago: Aférrase á palabra liberdade para tallar a máis mínima (re)conquista social do idioma galego e chámalle malotes aos de Galiza Nova.

Novacaixagalicia: Aplica o verbo pemitir de maneira que mandar traballador@s ao paro e reducir servizos pareza unha boa noticia: “La reestructuación de la red comercial ha permitido el cierre de 221 oficinas”.

Rouco Varela: O purpurado, delegado en España da multinacional católica, valora positivamente a ausencia de intoxicacións etílicas nas JMJ mentres a súa empresa incita ao consumo de alcohol nas misas.