O mérito da gorra

Aclaremos, primeiro, a imaxe. Unha gorra é unha pucha, ou unha putxa, ou unha boina, e o mérito da gorra, segundo dicía o avó Joaquín, é o rabiño que lle sae por riba. Cando unha gorra perdía o mérito había que tirala.

 
Chéganme informacións, aínda moi imprecisas, que falan dun gran abalo no PP ourensán. E que nas próximas semanas, ou meses, Feijó, bábedo de éxito, pretende descabezar o baltarismo e asolagar esa illa de pseudogalleguismo pactista dentro do Partido do Poder que representaba o sector das boinas.

 

Supoño que agora chegarán os cartos, ou outras prebendas en forma de cargos públicos de relevancia, para comprar os alcaldes fieis a Baltar. Pero este proceso, se alcanza a profundidade precisa e se Baltar Senior -que non morreu e aínda manda ben- sabe xogar as súas cartas e non lle entra o canguelo, pode dar na tan arelada fratura. O órdago non é novo. Esa sería a única fin realmente proveitosa.

 

Tempos aqueles nos que Victorino Núñez inxectaba cartos na Real Banda coma se fosen a auga que baixa polo Miño… Máis de un almorza arestora con mediño.

 

Ai, se Franqueira levantase a cabeza…