LAXATIVO

 

 

 

 

 

 

 

Un amigo mándame esta foto ao móbil. Tirouna el mesmo en Manila (Filipinas).

Benvido, século XXI

 

 

 

 

 

 

A parte retórica da tradición que chamamos estereotipo di que Galicia é conservadora. Que malia Basilio Álvarez ou Benigno Álvarez non atesoura a bagaxe revolucionaria, poñámolo en hipérbole, da Rusia postzarista, ou máis próximos, do Outubro de 1934 asturiano. Apúntase dende certo nacionalismo, con maniqueo orgullo, que algún intento houbo, mesmo con praxe colectiva. Se cadra falan de Xove ou Castrelo de Miño, ensaios que certos sectores da esquerda estatal se encargaron de demoucar. A seguir aclárase, tamén non sen evidente alivio, que a bagaxe é outra cousa máis arraigada e seria: o abade de Beiro morreu católico e coa misión cumprida; en Galicia o século XIX quedou atrás en 1926 coa redención dos foros como o XX o fixo no primeiro mundo, segundo opinión unánime, en 2001 coa destrución do World Trade Center. A Benigno nin o deixaron vivir.

Cando falamos de Galicia facémolo desa realidade que España nega recalcitrante por facela desaparecer –agora é comunidade, comunidade para todo, como moito comunidade autónoma- tamén do patrimonio léxico do pobo. Desa extrema Europa, en palabras de Claudio Rodríguez Fer, a onde todo chega tarde. Mesmo o tempo cronolóxico. Un sinxelo exercicio, amiga lectora: conta ao longo dun día as veces que oes ou les a palabra España. Fai o mesmo coa palabra Galicia. E compara.

Galicia. Unha realidade envellecida, coas capacidades minoradas ata encher o país de festas gastronómicas e vendelo coma progreso, e coa mocidade fóra ou alindada pola carrilleira angosta dos favores a cambio de votos, onde a sentenza popular que asegura pan para hoxe e fame para mañá semella inapelable. Non en van Santiago aínda segue en Compostela, malia Vidal Bolaño e outros pecados: todo cómpre. Así vén sendo. Así foi sempre. Falou a Tradición, nada que obxectar. A Tradición é conservadora.

O século XX trouxo o galeguismo político organizado e as alianzas precisas ata a creba de 1936. A liña proletaria honesta e nacional organízase coa UPG de 1963 ata a FPG dos nosos días. Todo é camiño e faise tal ao andar. E paseniño chegamos ao 21 de outubro de 2012 e, por fin, ao século XXI. O atentado do Prestixe foi outra cousa.

Isto non é de onte

Respecto á financiación do PPdG co narcotráfico, é algo que a FPG leva denunciando dende hai unha chea de anos. Non está mal que agora, vinte e moitos anos despois, se atenda.

http://www.publico.es/453028/los-capos-discutieron-en-cambados-cuanto-aportarian-a-alianza-popular