HALLOWEEN

Transmuta

Transmuta, o poemario de Xabier Cordal publicado en 2012 pola editorial Xerais, vén de ser recoñecido co Premio da Crítica de Galicia 2013 na modalidade de creación literaria.

Para quen mantén esta bitácora, Transmuta é un libro fundamental e moi próximo, son letras familiares (no sentido afectivo do termo) e por iso a súa lectura recóllese no corazón despois de pasar pola caixa da razón.

Celebramos este recoñecemento con fonda emoción e compracidos cunha decisión, a do xurado, non só de xustiza senón tamén de xusteza que nos reconcilia co mundo todo e co mundo noso.

Moitos parabéns ao poeta, ao amigo, ao mestre e ao camarada.

 

 

 

 

Nos sarillos da semántica

Fronte Ampla? Fronte Obreira? Candidatura Unitaria?

 

Si, por suposto.

 

Pero antes houbo quen lle chamou Internacional 0.

 

Seguimos fuxindo das palabras.