NUNCA MÁIS!

SABADELL… QUE?

Saberás, Amable, que o Banco Sabadell chuchou o Banco Gallego para, ademais de afondar niso que chaman “externalización” dos aforros d@s galeg@s, formar a nova entidade Sabadell-Gallego.

 
Non é a da nomenclatura da nova entidade cuestión que se achegue nin de lonxe á verdadeira esencia do problema, a desaparición de calquera empresa de aforro galega, bancos e caixas. Pero pulamos por participar en certas batalliñas e agradecemos que se pasas por aquí, Amable, non deixes de cargar cun pouco de dignidade o fardel do noso idioma.

 

Remitir a: info@bancsabadell.com

 

25/11/2013

 

Sr. D. Josep Oliu Creus
Presidente de Banco Sabadell

 

 

Señor Oliu:

 

Leo na prensa que a entidade que vostede preside mudará de nome despois de que se completara, con éxito para vostedes, a operación de compra de Banco Gallego iniciada hai meses. Banco Sabadell pasará a chamarse en Galicia, polo tanto, Sabadell-Gallego.
Malia a miña ignorancia en temas financeiros, entendo que a integración de Banco Gallego no Banco de Sabadell é unha operación moi importante, especialmente feliz e con consecuencias financeiras moi beneficiosas para este último banco. E que a inclusión do xentilicio do meu pais no nome da entidade responde ao interese que Banco Sabadell ten en gañar clientes en Galicia. De feito, a prensa di que aspira vostede a que o seu sexa o segundo banco de Galicia en volume de activos. Doutra maneira, se non esperasen unha mellora efectiva non se había entender que comprasen Banco Gallego e accedesen a mudar o nome da entidade.
E disto último, do nome da entidade que preside, lle quería falar. Seguro que recorda, Sr. Oliu, como nos anos nos que a man de ferro da ditadura gobernaba o seu pais, Cataluña, os nomes dalgúns lugares foron intervidos ata o ridículo. Así, hoxe rimos ao saber que hai non moito se falaba de san Cucufato del Vallés no canto de sant Cugat del Vallès, ou de san Baudilio de Llobregat en lugar de sant Boi de Llobregat, ou de san Quirico del Vallés por sant Quirze del Vallès. Tamén sei que naqueles anos escuros o municipio de Sabadell era coñecido pola xeralidade como Sabadel. Persoalmente celebro a restauración de todo o nomenclátor de Cataluña e que sexa recoñecido como o único oficial.
Entenderá, logo, Sr. Oliu, que as galegas e os galegos sintamos especial amor polo xentilicio do noso país e que nos guste velo lucir, fachendoso, por todures. É por isto que lle pido, formalmente e xa que as oficinas da súa entidade aínda non foron rotuladas, que faga o posible para que a entidade Sabadell-Gallego pase a chamarse en Galicia Sabadell-Galego e que a páxina web ofreza a opción de consulta no idioma propio de Galicia. Moitas grazas.
Cordialmente.

 

 

25/11/2013

 

Sr. SR. Josep Oliu Creus
President de Banc Sabadell

 

 

Senyor Oliu:

 

 

Llegeix-ho a la premsa que l’entitat que vostè presideix canviarà de nom després que s’havia completat, amb èxit per a vostès, l’operació de compra de Banc Gallec iniciada fa mesos. Banc Sabadell passarà a dir-se a Galícia, per tant, Sabadell-Gallego.

Malgrat la meva ignorància en temes financers, entenc que la integració de Banc Gallec al Banc de Sabadell és una operació molt important, especialment feliç i amb conseqüències financeres molt beneficioses per a aquest últim banc. I que la inclusió del gentilici del meu país en el nom de l’entitat respon a l’interès que Banco Sabadell té per guanyar clients a Galícia. De fet, la premsa diu que aspira vostè que el seu sigui el segon banc de Galícia en volum d’actius. D’una altra manera, si no esperessin una millora efectiva no s’entendria que compressin Banc Gallec i accedissin a canviar el nom de l’entitat.

I d’això últim, del nom de l’entitat que presideix, li volia parlar. Segur que recorda, Sr. Oliu, com en els anys en els quals la mà de ferro de la dictadura governava el seu país, Catalunya, els noms d’alguns llocs van ser intervinguts fins al ridícul. Així, avui riem en saber que no fa gaire es parlava de san Cucufato d’ell Vallés en comptes de sant Cugat del Vallès, o de san Baudilio de Llobregat en lloc de sant Boi de Llobregat, o de san Quirico del Vallés per sant Quirze del Vallès. També sé que en aquells anys foscos el municipi de Sabadell era conegut com a Sabadel. Personalment celebro la restauració de tot el nomenclàtor de Catalunya i que sigui reconegut com l’únic oficial.

 

Entendrà, després, Sr. Oliu, que les gallegues i els gallecs sentim especial amor pel gentilici del nostre país i que ens agradi veure’l lluir, orgullós, per tots els llocs. És per això que li demano, formalment i ja que fins ara les oficines de la seva entitat no van ser retolades, que faci el possible perque l’entitat Sabadell-Gallego passi a dir-se a Galícia SABADELL-GALEGO i que la pàgina web ofereixi l’opció de consulta en l’idioma propi de Galícia. Moltes gràcies.

 

Cordialment.

COMPARACIÓNS

O pasado día 15 de xuño, nun acto sumamente emocionante, as Redes Escarlata entregaban o X Premio Roberto Vidal Bolaño aos/ás mantedores/as do blog De volta para Loureda, Rede de apoio a Carlos Calvo. Ademais de recoñecer o traballo de quen mantén o blog, denunciouse a excepcionalidade xurídica, “contraria ás garantías ás que todos/as os/as Humanos/as teñen dereito”, segundo se recolle na acta de concesión, que mantén presas persoas a causa das súas ideas.

Aínda permanecemos desconcertados diante da arbitrariedade político-xudicial que prescindindo das mínimas garantías procesuais para cos imputados –non se escoitaron nin as razóns nin os peritos da defensa- condenou exemplarizantemente a Eduardo Vigo Domínguez, Roberto Domínguez Fiallega, Antón Santos Pérez e María Osorio López, a penas absolutamente desproporcionadas en relación cos delitos impostos e as probas de cargo. O carácter exemplarizante ao que aludimos arriba foi mesmo admitido pola Fiscalía Xeral do Estado cando recoñeceu a dificultade de acreditar a existencia de Resistencia Galega como “verdadeira banda armada”, o que suporía, segundo o citado órgano xudicial, unha resposta punitiva excesivamente leve en relación cuns delitos cuxa comisión non foi probada. Sabemos ben que España nunca respondeu con levidade, é dicir sen guerra polo medio, a ameaza da unidade territorial.

O recoñecemento de Resistencia Galega como organización cuxos fins avalan accións “terroristas” implica abrir as portas á aplicación no noso país da lexislación antiterrorista ensaiada contra todo o movemento anticapitalista en Euskal Herria. Cando a base das formas e o horizonte o ocupa a represión, a interpretación empírica de calquera proba non vai dirixida a procurar a verdade nunha acción susceptible de ser cualificada como delito, senón que se busca directamente a culpabilidade. E cando a culpabilidade preventiva campa aquén da xustiza, valores volátiles coma o sentido común escorregan cara os sumidoiros polas beirarrúas infectas das ditaduras encubertas.

Vimos de comprobar, unha vez máis, como a impunidade se abre paso con comodidade entre as fendas da xustiza española cando é o sistema, os seus representantes, quen senta (cando senta) no banco dos acusados. No proceso Prestige, viciado de raíz, foi un infracargo institucional o que cumpriu o trámite (a dramaturxia permitiu que se lese a Sentenza en galego) de facer ver e facer crer que por tan enorme catástrofe alguén do goberno responsable naquela altura había pagar tanta infamia e irresponsabilidade.

Sitúate, Amable, naqueles días negros. Aínda es quen de ver o mar, a terra e as conciencias alagadas? Pois xa ves, absolución total. Certamente, a xustiza é cega. Pero que ninguén se sorprenda. Nunca un lobo comeu outro.

Comen cordeiros. É dicir, os débiles, as sometidas e minoritarias. O Pobo galego e os seus máis comprometidos cadros.

SUPOSTO POSIBLE

CASO 1

 
No médico. Un conformista. Ano 2001 ou 2013, tanto ten:

 
Yo estoy a favor del gallego, eh. Pero lo que quiero es que me curen, no me importa que me hablen en gallego o en castellano.

 

 

 

 

 

CASO 2

 
Diante da pantalla do ordenador, seguindo a lectura da Sentenza do Prestige. O mesmo conformista. 13 de novembro de 2013:

 
Por lo menos la sentencia está en gallego. Ya es algo, no?.

XUSTIZA E EQUIDADE

DELITO MEDIOAMBIENTAL (A maior e máis grave marea negra de Europa), penado na súa totalidade con nove meses de prisión:

 

– 1.600 quilómetros de costas afectados polo chapapote, de Portugal ata Francia.
– 13.000 toneladas de chapapote vertidas no mar.

– 30.000 persoas afectadas.

– 8.000 toneladas de residuos retirados da costa para o que foi preciso o traballo de 65.000 voluntari@s.

– Danos valorados en 4.300 millóns.

– Paros forzosos e consecuencias biolóxicas e ecolóxicas incalculables.

– Deixadez de funcións de ministros do Estado.

– Abandono das súas funcións polo Presidente da Xunta e principais responsables

– Mentiras.

– Humillación…

 

 

• Outros delitos castigados con penas de prisión de similar duración:

 

, furto: prisión de seis a dezaoito meses (art. 234 do Código Penal).

 

, usurpación: prisión de un a dous anos (art. 245 do C.P.).

 

, estafa: prisión de seis meses a tres anos (art. 249 do C.P.).

 

, danos agravados: prisión dun a tres anos (art. 263 do C.P.).

 

, receptación, branqueo de capitais: prisión de seis meses a dous anos (art. 298 do C.P.).

 

, contra os dereitos dos traballadores: prisión de seis a doce meses (art. 311 do C.P.).

 

, contra o patrimonio histórico: prisión de seis meses a dous anos (art. 322 do C.P.).

 

, condución a velocidade superior á permitida ou baixo a influencia de drogas tóxicas, estupefacientes, substancias psicotrópicas ou de bebidas alcohólicas: prisión de tres a seis meses (art. 379 do C.P.).

 

, condución temeraria: prisión de seis meses a dous anos (art. 380 do C.P.).

 

, negarse a someterse ás probas para a comprobación das taxas de alcoholemia: prisión de seis meses a un ano (art. 383 do C.P.).

 

, condución sen licenza ou perda de vixencia do permiso: prisión de tres a seis meses (art. 384 do C.P.).

 

, usurpación do estado civil: prisión de seis meses a tres anos (art. 401 do C.P.).

 

, desobediencia á autoridade: prisión de seis meses a un ano (art. 556 do C.P.).

 

, tráfico de influencias: prisión de seis meses a dous anos (art. 428 do C.P).

 

, negociacións e actividades prohibidas aos funcionarios públicos e abusos no exercicio da súa función: prisión de seis meses a dous anos (art. 439 do C.P).

 

, acusación e denuncia falsas, simulación de delitos: prisión de seis meses a dous anos (art. 456 do C.P.).

 

, falso testemuño: prisión de seis meses a dous anos (art. 458 do C.P.).

 

, obstrución á xustiza: prisión de tres a seis meses (art. 463 do C.P.).

 

 

Por só pór uns exemplos.

 

 

ADENDA INFORMATIVA:

Art. 325 do Código Penal: Será castigado coas penas de prisión de dous a cinco anos, multa de oito a vinte e catro meses e inhabilitación especial para profesión ou oficio por tempo dun a teres anos o que, contravindo as leis ou outras disposición de carácter xeral protectoras do ambiente, provoque ou realice, directa ou indirectamente, emisión, verteduras, radiacións, extraccións ou escavacións, aterramentos, ruídos, vibracións, inxeccións ou depósitos, na atmosfera, o solo, o subsolo ou mar aberto, con incidencia mesmo nos espazos transfronteirizos, así como as captacións de augas que poidan prexudicar gravemente o equilibrio dos sistemas naturais. Se o risco de grave prexuízo for para a saúde das persoas, a pena de prisión imporase na súa metade superior (341).

 

Art. 326 do C.P.: Imporase a pena superior en grao, sen prexuízo das que poidan corresponder conforme outros preceptos deste código, cando na comisión de calquera dos feitos descritos no artigo anterior concorra algunha das circunstancias seguintes:

[…]

c) Que se falsease ou ocultase información sobre os seis aspectos ambientais.

e) Que se producise un risco de deterioración irreversible ou catastrófica.

[…]