Tres respostas de Pere Gimferrer

Nunca está de máis atender o escritor catalán. Da entrevista que hoxe publica a edición catalá do xornal El País:

[…]

P. Sobre la Catalunya passada, ha recordat els 18 anys d’independència al XVII. Quin balanç en fa?

R. Això és un misteri: ¿com és que ningú parla d l’únic antecedent real d’independència de Catalunya? Jo l’únic que sé és que el gener del 1641 Pau Claris va voler proclamar la República catalana i es va nomenar Lluís XIII comte de Barcelona. Sobre la vida quotidiana en aquell període no se sap gairabé res, però és molt curiós que ningú no parli mai d’aquest episodi, tret de Jordi Carbonell, que ja li toca.

P. I sobre la Catalunya futura, ja sap què farà el 9 de novembre del 2014?

R. Encara no he trobat ningú, més enllà dels polítics professionals, que cregui que aquell dia se celebrarà un referèndum en els termes anunciats.

P. Però si s’arribés a fer?

R. No es produirà aquest tipus de votació, i si es produís, la pregunta és tan complexa que el resultat no seria gens significatiu ni en un sentit ni en un altre, és massa complicat i segurament está pensat perquè així sigui.

 

 

 

[…]

Reformas que non reforman nada

U-LO CALOR?

Non é mérito da socialdemocracia, dos programas e dos partidos que os aplican e aínda manteñen esta cualificación –socialdemócrata- coma unha bandeira esfarrapada e obsoleta pero teimudamente orgullosa, manterse ou ser percibidos por certos sectores da sociedade como “antisistema”. Por decantación, unha vez máis cara a unha dereita cada vez máis asilveirada, as tenues reivindicacións da socialdemocracia serán sempre as propias de quen se encontra falsamente incómodo na comodidade. As boutades de Joan Rossel, por pór un exemplo, hoxe normais e asumidas polo sindicalismo pactista, serían recibidas entre a risa da mofa e a ira da ofensa na normalidade política da maioría social. A imaxe é a dunha pescada que xa leva engulida ben máis ca a cola.

Polo tanto non sería mérito de ninguén unha sempre dubidable debacle do PP nas urnas. De celebrarse hoxe eleccións seguiría perdendo o proletariado. Desgraciadamente, calquera resultado próximo ao desastre electoral do PP só depende do propio PP, e non está disposto.

Non en van as patacas da semente (calor) e o vento máis frío veñen do mesmo lugar. Burgos, conservadora, católica e, ata agora, modélica, coas súas acaloradas protestas (fríos atentados para a alcaldesa de Madrid), constitúe un límite e un punto de partida. Burgos é consciente do que está a fundar na historia da loita proletaria, de que está a refacerse como cidade dende as angueiras máis fondas.

Di David Harvey que hoxe na cidade o aire está un pouco contaminado, pero pode limparse. A limpeza implica desfacerse dos especuladores da propiedade e de funcionarios condescendentes. A illa é, quen o dubida, inútil. O importante é o límite. A cidade.

A SERPE BICÉFALA

Cando menos resulta sospeitoso. Hai uns días o xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz autorizaba un acto en Durango no que se reunían uns 60 expresos de ETA, cuxas penas xa foran cumpridas segundo o sistema xudicial español, para falaren de paz. Con esa firma Pedraz concedía, en rigor, a graza de se reuniren unhas persoas, como se non existise a Constitución e o dereito de reunión. A decisión do xuíz Pedraz xerou polémica entre os de sempre, quen teñen a paz e a democracia como condicións contrarias ao ben de España.

Non sabemos nin nos interesa a militancia de Santiago Pedraz. Se permitiu a reunión é porque non lle quedaba outra e porque prohibila evidenciaría o que todo o mundo sabe, o carácter parafascista do órgano xudicial dimanante do T.O.P. franquista.

Esta mañá almorzamos coa detención de varios avogados, entre elas Arantza Zulueta, acusados de pertenceren á chamada fronte de makos, tentáculo de ETA encargado de executar dende o exterior as ordes de ETA no interior dos cárceres. A operación foi dirixida polo xuíz titular do Xulgado Central de Instrución núm. 6, Eloy Velasco. Tamén non nos importa a militancia de Velasco.

A noticia na prensa é a chapuza burocrática do Ministerio de TodoesETA e a posible destrución de probas por parte dos detidos. Probas de qué, de contactar cos seus defendidos encarcerados? Tendo en conta que a documentación en poder de calquera avogada referida aos seus clientes é privada e inviolable, o asalto que se vén de producir por parte da Garda Civil recorda a Noite dos Cristais Rotos. As consecuencias destas detencións non só inciden sobre as persoas obxecto de represión senón tamén sobre aqueloutras xa xulgadas e penadas cuxos dereitos como reclusos eran velados polos novos detidos. Ata aí chega a crueldade dun Estado que diante da limpeza e contundencia do proceso democrático que avanza imparable en Cataluña rincha os dentes contra o recordo do sangue sen o que non sabe vivir.

A cuestión é que Velasco e Pedraz, cabezas do mesmo animal doente, do/no mesmo recuncho claustrofóbico, representan o seu papel á perfección fronte a ilusión dunha saída á que eles mesmos, e o que defenden, nos animan a perseguir.