Galicia, “comodín”

A mentira é o máis grave crime porque sempre tenta ocultar ou prepara un crime máis grave.

http://www.elconfidencialdigital.com/seguridad/Resistencia-Galega-violencia-terrorismo-callejero_0_2241975810.html

“Tu non es un suxeito político soberano”

Y a callar!

http://www.tribunalconstitucional.es/es/salaPrensa/Documents/NP_2014_026/2013-01389STC.pdf

 

 

 

 

 

 

 

 

Cas Marchas da Dignidade

Carta ao director do xornal La Región

Artigo asinado por Xesteira e publicado en La Región o día 28/02/2014:

 

Polbo / pulpo

28/02/2014 

Seica anda o persoal un tanto algeirado entre os que queren que a RAG ditamine a esclusividade do termo “polbo” e as que defenden a inclusión, no diccionario da fala galega, do termo “pulpo”, pola cantidade de xente que o emprega a cotío.

 

 
Si nos fixamos en academias que teñen un funcionamento contrastado no eido linguístico, como a Real Academia Española, vemos que as verbas novas que se incorporan ó dicionario son as que a citada academia considera que son merecentes de selo, polo tempo e a importancia do seu uso na rúa ien determinados medios de comunicación.

 

 
A Real Academia Galega, pola contra, fai o proceso ó revés. Primeiro “inventa” verbas como grazas, baralla, proxecto, traxectoria, arraianos, cuxo, etc.; méteas no acervo oficial como de uso obrigadom, e despois, recuncando “ad nauseam”, todolos fideles segidores do oficialismo rampante adscríbense ó ditamen oficial e contribúen con todo entusiasmo á desfeita do galego. Supoño que a determinación da RAG niste caso, de habela, vai ser unha decisión salomónica pra contentar a todos, e mais tamén por ser a mais lóxica: incluír os dous termos paritariamente.

 

 
Deixando a un lado que polbo é (ou era) o nome que lle da a xente da costa e pulpo a do interior, coma coensecoencia lóxica de que polvo é o nome antes de ser pescado, e pulpo, despois de selo -igual que é peixe no mar, e pescado en terra-, e sin entrar no tema de que os dous son enxebremente galegos e que se non poden determinar con certeza argumentos de antigidade, non debería ser un atranco tér os dous termos, do mesmo xeito que o non hai pra ter Pepe e Xosé, ou xou ba e parrocha, ou rabada e peixe sapo, etc. Da a impresión de que moita xente gosta da discusión. Menos mal que, tal como eu o vexo, a RAG, en contra do seu costume, vai deixar contentos a todos.

 

http://www.laregion.es/opinion/xesteira/polbo-pulpo/20140228134840444579.html

 

 

 

Resposta publicada no mesmo xornal, na sección Cartas al Director, o día 05/03/2014:

 

POLBO/PULPO

Escusa o anónimo Xesteira, no artigo Polbo/Pulpo do día 28 de febreiro, o soberbio atrevemento de cuestionar a soberanía da nosa Academia invocando os poderes da RAE, os mesmo que lle nega á RAG.

 

 
Criticar a RAG é lexitimo e conveniente tamén porque, en certa medida, é nosa e a queremos viva: ninguén tira pedras contra unha árbore sen froita. En España non se dan estes debates (non imaxino os parroquianos dunha tasca en Pan Bendito relegando o fútbol en favor da oportunidade de concederlle a Panero unha cadeira na Douta Casa) senón entre eternos aspirantes, sobre todo porque por alí xa perderon a esperanza de influír dalgunha maneira na construción do seu idioma desde que Nebrija o postulou como ariete do imperio.

 

 
A soberanía da RAG, executada en precario, é ameaza porque a nosa é unha institución nacional. Eivas fóra, que sempre as hai, a RAG fai o que pode cos recursos que lle relea unha administración impositora e galegófoba (recursos que lle rouban a Galicia, ollo): tanto ou máis que esas casas con “funcionamento contrastado no eido lingüístico” que vostede apunta. A nosa Academia ha ditaminar, non o dubide, e ata hai quen di que en tales ditames a institución nunca se engana. Discrepará vostede, claro. Outra cousa é que a resolución desguste a quen goza da confusión como antesala da extinción. É labor principal da nosa Academia velar pola independencia do idioma. E niso xa hai tempo que non se equivoca.

 

Xosé Antón Laxe Martiñán

(Funcionario da administración de Xustiza)

A memoria conecta directamente co porvir, polo tanto…