O Papa falou de comunismo

http://www.publico.es/internacional/531001/el-papa-los-comunistas-nos-han-robado-la-bandera

Título

E se o título deste vídeo fose:

“El pueblo de Madrid castiga a la selección española de fútbol por su pésima actuación en Brasil”.

https://www.youtube.com/watch?v=IYrNIQ9IV3g

Historia de España

Galicia crea tendencia

http://manueldelgadoruiz.blogspot.com.es/2012/08/a-voltes-amb-la-syriza-catalana-el.html

“Syriza catalana”, “Front d’esquerres”, “Unitat popular”, “Front ampli”… A semiótica é nosa. Certamente vivimos por fin noutro tempo político: Galicia marca o seu propio paso e crea tendencia fóra, malia non o recoñecer máis ca nós mesm@s, coma sempre: “…és viable […] trasplantar el model que ens presta aquesta coalició grega […]”

 

Para min é unha proba do acerto da estratexia AGE. 

NOVA XEOGRAFÍA DE EUROPA

AQUELA MIRADA

Foi alá polo 92, despois do verán, morta Barcelona e acordando a Compostela nacionalcatólica. Eu gastaba o tempo na Real Banda de gaitas da Deputación de Ourense e a nosa condición de súbditos fieis leváranos ata o claustro de Oseira. Rei de España, de xira por Galicia, viría por alí e nós debíamos recibilo a toque marcial, hieráticos, mesmo hieráticos elas, como é preceptivo nun grupo que nunca podería ser o que del quixeron facer, e nun país á medida da vergoña dos seus dirixentes.

Ocupábamos dous lados da cuadrícula interior do claustro; no centro, mesas e cadeiras para o refrixerio imperial. Recibíramos orde de vir barbeados: a imaxe, antes que a música, era o máis importante. Eu repudiaba o home que había que honrar e desobedecín. Era o meu particular acto de rebeldía.  

Cando Rei de España entrou no claustro, co sorriso contractual pendurado dos labios, nós encetamos con decisión algunha marcha composta para a ocasión ou traída de tradicións máis castrenses, non recordo. A música nacional-popular de Galicia non valía para aquela ocasión. Unha enxurrada de mans, flashes e reverencias ocuparon o caudillo os primeiros minutos. Nós non podíamos perder a compostura, algúns pensabamos que era a Galicia a quen representabamos fronte un dirixente estranxeiro e que faríamos o mesmo fose quen fose o persoeiro que viñese. Ao rematar cos saúdos Rei de España cravou o ollar e o sorriso nun extremo do grupo e foi varrendo as nosas caras.

Recordo moi ben o que pasou despois. En canto o ollar real chegou a min a revisión detívose e o sorriso desapareceu. Obxectivo cumprido.

Xa que vai de música e de abdicar, eu a(b)dícolle esta:  

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=emZ2ZxTwSOg

 

FELIZ DÍA DO PENICO!

O REI ABDICA